domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

O Corgo ultima as obras do punto de atención á infancia, que abrirá en setembro

Autoridades, no punto de atención á infancia do Corgo. XESÚS Ponche
Autoridades, no punto de atención á infancia do Corgo. XESÚS Ponche

A Xunta apoia con 190.000 euros a creación da instalación, que ofertará 20 prazas

O Concello do Corgo ultima as obras de construción dun Punto de Atención á Infancia (PAI), unha infraestrutura que entrará en funcionamento no mes de setembro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, supervisou este xoves eses traballos acompañado polo alcalde en funcións, José Antonio Ferreiro, outros representantes do goberno local e técnicos municipais.

Segundo recordou, o Goberno autonómico achega á creación desta dotación, a través do GDR da Comarca de Lugo, unha partida de 190.000 euros —un montante que supón o 90% do orzamento—, mentres que a cantidade restante sairá das arcas locais.

Balseiro constatou in situ que as obras están "moi avanzadas", polo que prevé que o centro estará listo para recibir os seus primeiros usuarios tras o verán. O PAI, que está situado xunto á Casa das Asociacións, contará cun total de 20 prazas para menores de entre tres meses e tres anos de idade.

Durante a súa visita a estas instalacións, o xefe territorial da Xunta destacou a importancia dos proxectos non produtivos apoiados polos GDR, que "incrementan as dotacións para vos veciños e veciñas do rural". Neste caso, a nova infraestrutura contribuirá a facilitar recursos de conciliación ás familias.

Nese sentido, e segundo recordou en varias ocasións o alcalde do Corgo, o único servizo deste ámbito ofertado no municipio é unha Casa Niño financiada tamén pola Administración galega, pero resulta insuficiente ante a gran demanda de prazas por parte das familias da zona.

Actualmente, o goberno local ten en marcha o proceso de selección do persoal que atenderá as instalacións —un técnico e outro traballador de apoio—.

O Corgo ultima as obras do punto de atención á infancia, que abrirá...
Comentarios