Conde visita Conxelados Sariego e pide unha estratexia para abaratar o prezo da luz

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación destacou este venres a posición de liderado de Galicia no sector do conxelado pero tamén recordou como lle está afectado a subida de prezo da enerxía eléctrica
undefined
photo_camera Francisco Conde durante a súa visita a Conxelados Sariego. EP

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou este venres a posición de liderado de Galicia no sector dos conxelados, dado que factura o 45% da cifra total de negocio en España, pero tamén recordou como lle está afectado a subida de prezo da enerxía eléctrica, "vital" para o desenvolvemento da súa actividade.

Conde fixo estas declaracións durante a visita que realizou este venres ás instalacións da empresa Conxelados Sariego, que ten a súa sede no municipio lucense de Rábade. Durante a súa intervención, insistiu na potencia dun sector que suma catro de cada dez empresas dedicadas a este sector en España e lesda emprego a 6.800 traballadores en Galicia.

En todo caso, Conde recordou como lle está afectando a este sector a subida de prezo da enerxía eléctrica, dado que se trata dun dun dos elementos "vitais" para o desenvolvemento da súa actividade. Nese sentido, volveu pedir que o Goberno poña en marcha "unha estratexia" para tratar de liquidar esta situación e abaratar o prezo da luz, "en lugar de medidas soltas". Recordou que esta situación afecta "directamente a moitos fogares, pero tamén á competitividade da industria". 

En canto a Conxelados Sariego, destacou a súa traxectoria, dado que a empresa rabadense foise consolidando, desde que fai 30 anos iniciou a súa actividade no polígono da localidade, como operador loxístico nacional e internacional, especializado no transporte frigorífico de mercancías.

De feito, aproveitou para pór a esta empresa como "un modelo a seguir", agora que a Xunta de Galicia acaba de pór en marcha a súa Estratexia de Internacionalización, co obxectivo de chegar aos 25.000 millóns de euros en exportacións en 2025.

Comentarios