Conde: "O 50 % das curtas da madeira xa se fan con declaración responsable"

O conselleiro recordou en Lugo que a simplificación dos trámites administrativos, permite que as curtas se fagan en tempo real"

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, confirmou que en só "tres meses", o "50 % das curtas de madeira" en Galicia están a realizarse "a través" da coñecida como "declaración responsable" e mediante unha "comunicación previa", o que "simplifica" moito a tramitación administrativa.

En declaracións aos medios de comunicación, antes da reunión que ía manter coa Asociación de Primeira Transformación da Madeira, Conde recordou que a simplificación dos trámites administrativos, permite que as curtas se fagan en tempo real", grazas a un "esforzo administrativo xunto co sector".

Conde recordou que esa axilidade na tramitación administrativa é posible grazas á aprobación da Lei de Implantación Empresarial, que lle achega "máis facilidades" tamén ao sector madeireiro e, polo tanto, contribúe a facelo "máis competitivo".

O conselleiro tamén informou de que a Xunta de Galicia está a traballar co sector de primeira transformación da madeira para identificar ámbitos de traballo relacionados coa "innovación, a formación e a internacionalización".

Comentarios