O Concello de Outeiro de Rei reclama á Igrexa 46 bens inmatriculados

Trátase de "aparcadoiros, campos da festa incluso camiños "

El portavoz del BNG en el Concello de Outeiro, Xosé Ferreiro. EP
photo_camera O portavoz do BNG no Concello de Outeiro, Xosé Ferreiro. EP

O pleno do Concello de Outeiro de Rei, gobernado polo popular José Pardo, aprobou por unanimidade reclamarlle á Igrexa os 46 bens inmatriculados coa lei que impulsou no seu día José María Aznar no Goberno. 

A reclamación partiu do BNG, que logrou que esta moción fose aprobada nun pleno no que o portavoz do grupo nacionalista, Xosé Ferreiro, avanzou que con esta acción inténtanse recuperar os bens públicos propiedade da Igrexa e que rexistrou sen ningún tipo de documentación acreditativa, que son de uso público pero non dedicados ao culto relixioso". 

O nacionalista debullou que se trata, sobre todo, de "aparcadoiros, campos da festa, incluso camiños que a Igrexa ao amparo da lei de Aznar apropiouse indebidamente deles". 

Tras a aprobación, o Consistorio "deberá reclamar" e recuperar "pola vía precisa este tipo de bens para o que é o patrimonio público" e dáse un prazo dun ano "para que actúe en consecuencia e reclame eses bens". 

Ademais, hai casas reitorais que, aínda que non son de uso público, "foron construídas con achegas dos veciños e na época franquista eran de todo menos voluntarias". "Eses bens teñen que volver ao patrimonio público", demandou. 

Incluso puxo especial énfase na casa reitoral do municipio, que se vai a destinar a un centro de día e pola que tivo que pagar o Concello de Outeiro de Rei. 

Comentarios