Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

O Concello de Friol destina 392.000 euros a asfaltar vías e rehabilitar tres centros sociais

Trátase dos accesos a Ferreira, ao núcleo de Burgo do Negral e á igrexa de Silvela, accesos en Currás, viarios na Laxe e unha pista en Tralacorda

LUGO. O equipo de goberno do municipio de Friol destinou 392.000 euros á mellora de varias pistas municipais e á rehabilitación de tres centros sociais en diferentes parroquias.

Nesta ocasión, parte do plan provincial único de colaboración cos concellos foi destinado á pavimentación de diferentes vías das parroquias do municipio. Trátase da execución de tres proxectos de melloras no firme dun total de 31 quilómetros, todas elas situadas en diferentes núcleos do rural de Friol, unhas obras que xa están finalizadas.

As vías que foron acondicionadas son o camiño da Gándara, os accesos a Ferreira, ao núcleo de Burgo do Negral e á igrexa de Silvela, accesos en Currás, viarios na Laxe e unha pista en Tralacorda. Ademais, tamén se melloraron os camiños que comunican Mundín con Bustelo, o cruzamento de Castro Cancela con Ximondriz, Carballo coa Laxe e Fonte do Can con Rodo do Muíño.

Para a realización destas obras levaron a cabo movementos de terra para ensanchar e sanear os puntos de actuación, drenaxes, traballos de limpeza e reapertura de cunetas, reparación de tramos con gravillón ou aplicación de rega asfáltico, entre outras.

Outro dos proxectos executados é a rehabilitación de tres centros sociais situados nas parroquias de Roimil, Carlín e do núcleo da Laxe. Os traballos levados a cabo consistiron en renovar cubertas, impermeabilizar interiores e acondicionar as partes exteriores. Tamén están a traballar nos últimos detalles do centro social de Lea, para que nun prazo breve de tempo os veciños poidan dispor destas instalacións. Neste caso, as melloras consistiron en xestionar enganches de electricidade e de abastecemento de auga.

Os centros que foron rehabilitados son moi utilizados polos veciños e, polo tanto, eran unhas obras moi demandadas e necesarias, polo que o Concello decidiu levar a cabo o proxecto e así poder dispor dos locais.

O Concello de Friol destina 392.000 euros a asfaltar vías e...
Comentarios