jueves. 02.07.2020 |
El tiempo
jueves. 02.07.2020
El tiempo

O Concello de Friol destina 106.000 euros a dotar o centro sociocultural

José Ángel Santos, alcalde de Friol. EP
José Ángel Santos, alcalde de Friol. EP
Adxudicou o mobiliario á empresa Sutega e a subministración tecnolóxica a Global PHC Lugo

O Concello de Friol adxudicou en 106.000 euros as obras de equipamento do centro sociocultural da capital municipal, que permitirán dotar de mobiliario e equipos tecnolóxicos as instalacións tras a reforma efectuada no edificio, grazas a un convenio asinado entre o Concello de Friol e o Consorcio Galego de Servizos Sociais.

A adxudicación dividiuse en dous lotes distintos. Por unha banda, Sutega S.L. resultou adxudicataria da subministración de mobiliario para todo o edificio, por un importe de 93.000 euros. Na planta baixa, a dotación inclúe acondicionar o salón de actos e o vestíbulo con butacas, mesas, cadeiras, armarios, andeis ou sofás. Na primeira planta, Sutega acomodará a biblioteca municipal, e na segunda unha sala de televisión, entre outras estancias.

A adxudicación a Sutega baseouse en varias melloras, como a subministración e colocación de estores nas fiestras do edificio ou de plantas nos vestíbulos. O prazo de execución desta obra será de dous días.

INFORMÁTICA. Doutra banda, a empresa Global PHC Lugo S.L.U. resultou adxudicataria do contrato de subministración tecnolóxica, que supera os 13.000 euros. Este contrato inclúe un televisor de 65 polgadas e 20 computadores. A oferta presentada pola empresa incluíu varias melloras, como a instalación de tres impresoras láser e dúas pantallas HP.

Coa instalación deste mobiliario e os equipos tecnolóxicos, o centro poderá reabrir a biblioteca municipal, que permanece pechada desde que se iniciaron as obras. Unha vez finalizadas as mesmas, as instalacións acollerán numerosas actividades, como así o esperou o alcalde do municipio, José Ángel Santos, que indicou que os veciños que desexen realizar cursos e xornadas disporán destas instalacións reformadas para programar actividades.

Entre as que xa se atopan solicitadas polos veciños está un curso de informática para maiores, que poderá dar comezo unha vez terminada a instalación dos computadores.

O Concello de Friol destina 106.000 euros a dotar o centro...
comentarios