O Concello de Friol cancela a Feira do Queixo e do Pan de Ousá do 21 de marzo

El público abarrotó la carpa de la feria desde primera hora de la mañana. VICTORIA RODRÍGUEZ (Feira do Queixo de Friol)
photo_camera A feira celebrada en 2019. VICTORIA RODRÍGUEZ (ARQUIVO)

O Concello de Friol fixo pública a decisión de suspender a Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá de 2021, que tiña prevista a súa celebración o 21 de marzo.

Por segundo ano consecutivo, a administración local decide anular este evento para garantir a seguridade dos veciños no contexto da pandemia e motivado polo aumento do número de casos nas últimas semanas.

Outro motivo que leva ao equipo de goberno a tomar esta difícil "decisión" é o descoñecemento do nivel de restricións que estarán impostas nesa data. E tendo en conta que é un evento que precisa de varios meses de organización para levarse a cabo, o Concello ve imposible esperar ata finais deste mes para decidir a súa celebración.

O alcalde, José Ángel Santos, lamentou ter que asumir de novo unha cancelación, posto que afectará negativamente a moitas familias do municipio, pero considera que "non nos podemos arriscar, dada a situación sanitaria que estamos a vivir e que levamos case un ano sufrindo, a organizar un evento destas características e desfacer todo o que levamos conseguido ata o de agora".

"Por outro lado, pode que chegada a data o nivel de restricións non nos permita realizar este tipo de eventos", lamentou, á vez que apelou á responsabilidade dos veciños neste momento.

Comentarios