martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

O Concello corgués e Vila pactan obras para sacar adiante os orzamentos

O acordo inclúe investimentos para arranxar viarios, rede de sumidoiros ou un viveiro de empresas

O goberno local do Corgo e o concelleiro independente Javier Vila acordaron unha serie de investimentos de cara á aprobación dos orzamentos municipais, que levarán a pleno o vindeiro venres. Estas actuacións, algunhas propostas polo equipo que dirixe José Antonio Ferreiro e outras polo independente, suman en torno ao medio millón de euros.

A principal obra acometerase con cargo ao plan único (uns 240.000 euros) e trátase de asfaltar con aglomerado en quente a vía que vai de Goméan ata Santalla e enlaza co concello de Láncara. O acordo tamén contempla outras actuacións en estradas, esta vez con fondos propios, como a rexeneración de varias pistas en lugares como Cerceda, Marei ou Sabarei, e que terán un custo de 40.000 euros.

A construción dunha nave no polígono industrial, e que servirá como viveiro de empresas, irá tamén detallada nos orzamentos. O Concello destinará a esta obra 50.000 euros a maiores doutros 90.000, que procederán dunha modificación de crédito.

O acordo ao que chegaron goberno e Javier Vila detalla, por outra banda, uns accesos ao pobo de Vilachá, axudas á natalidade, o proxecto da segunda fase da rede de sumidoiros en Adai ou a mellora do cemiterio de Paradela.

"Eu trato de ser unha persoa construtiva e dialogar. Estou satisfeito porque todos os acordos aos que chegamos van supoñer un beneficio para os veciños", asegurou o concelleiro independente.

Pola súa banda, o rexedor José Antonio Ferreiro tamén se mostrou "contento" polo consenso e os acordos aos que chegaron con Vila, e aínda que asegurou que moitas das obras que recolle forman parte do proxecto que xa tiña o goberno, mostrouse agradecido ao independente por algunha das súas propostas.

O Concello corgués e Vila pactan obras para sacar adiante os...
Comentarios