sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

Concello e BNG polemizan pola recollida de lixo en Outeiro de Rei

Botellas diante dun colector de vidro en Outeiro de Rei. EP
Botellas diante dun colector de vidro en Outeiro de Rei. EP

A nacionalistas afirman que non se baleiran os colectores de vidro e escasean os de plástico. O alcalde replica que non hai queixas

Goberno local e BNG polemizan pola calidade do servizo de recollida selectiva de lixo en Outeiro de Rei. O Bloque denuncia que os colectores de vidro están repletos e asegura que escasean os destinados a envases de plástico, pero o alcalde, o popular José Pardo Lombao, nega incidencias e subliña que non recibiu queixas dos veciños.

O portavoz municipal de BNG, Xosé Ferreiro, mantén que os colectores de vidro non só están "completamente cheos dende hai semanas", senón que, ademais, iso obriga aos veciños a deixar "as botellas en moreas non chan ou tiralas xunto co resto do lixo, o cal parece un contrasenso despois de pasar o traballo de facer a selección".

O goberno local admite só incidencias puntuais ao ter que atender "190 núcleos rurais", pero afirma que o servizo mellorou

Nesa liña, Ferreiro tamén denuncia que existe "unha importante deficiencia" no número de colectores existente no municipio para a recollida de envases de plástico, a pesar de que "posiblemente sexa o sistema de recollida selectiva máis demandado pola veciñanza".

O portavoz do BNG avanza que levará ao pleno municipal unha iniciativa para que se incremente "de forma moi importante" o número de colectores deste tipo, así como a frecuencia de recollida, sobre todo nos núcleos rurais.

PARDO NéGAO. Ante esas críticas, o rexedor admite só incidencias puntuais cos colectores, pero sostén que se emendan con rápidez xa sexa polo Concello ou pola empresa concesionaria.

Tras facer fincapé na dificultade de atender "os 190 núcleos rurais" do concello, asegura que co novo contrato aumentou o número de colectores para vidro e tamén para plásticos. "Seguiremos poñendo máis, en función da demanda dos veciños", remarca, e engade que o goberno local "non vai parar de mellorar o servizo porque o concello non deixa de medrar, a diferenza da maioría dos municipios do rural".

Concello e BNG polemizan pola recollida de lixo en Outeiro de Rei
Comentarios