A comida anual da terceira idade do Corgo reuniu máis de 300 veciños

O Concello entregou un obsequio aos dous participantes máis veteranos, Manuel Aldegunde López, de 95 anos, e Adelina Arias López, de 94
corgodixital
photo_camera Entrega de regalos aos veciños máis veteranos. VÁZQUEZ RIVAS

Máis de 300 corgueses participaron este mércores na comida anual da terceira idade que promove o Concello, que tivo por escenario o pavillón do Ceip. Durante o convite entregouse un obsequio aos dous veciños máis veteranos, que foron Manuel Aldegunde López, con 95 anos, e Adelina Arias López, con 94.

Esta cita en homenaxe aos maiores contou coa presenza do xefe territorial de Presidencia, Gerardo Criado, e unha delegación da corporación municipal encabezada polo alcalde, Felipe Labrada. Na festa da terceira idade, que arrincou cunha misa, sorteáronse entre os asistentes agasallos doados por empresas e negocios do Corgo. Un dúo puxo a nota musical á comida.

Comentarios