Comezan as obras no tramo da N-547 que une Palas de Rei e Melide

O ministro de Fomento anunciou en marzo esta actuación tras as continuas queixas de usuarios polo mal estado do firme

Operarios trabajando en la N-547. EP
photo_camera Operarios traballando na N-547. EP

As esperadas obras de mellora da nacional 547 xa comezaron. En concreto, os operarios afanábanse estes días por renovar con aglomerado en quente o tramo do viario que une as localidades de Palas de Rei e Melide.

Faise realidade así o anuncio feito polo Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, a finais do mes pasado ao anunciar unha partida de case tres millóns de euros para arranxar varios tramos de titularidade estatal en peor estado -entre eles este-. Respondía así ás continuas queixas dos usuarios que protestaban polo lamentable estado que presentaba os viarios.

O alcalde, Pablo Taboada, mostrou a súa satisfación co inicio destas "agardadas obras, ante a perigosidade que xa supoñía transitar por esta nacional á altura de San Xulián do Camiño e San Pedro de Meixide durante os últimos meses", dixo.

As actuacións anunciadas levaranse a cabo na N-540 de Lugo a Ourense, na N-642 entre San Cibrao e Barreiros, na N-547 de Guntín a Santiago e na A-6 de Madrid á Coruña.

Comentarios