Unha colisión entre un tractor e un camión en Rábade sáldase cun ferido

O incidente produciuse no punto quilométrico 0,300 da estrada LU-127

Un choque entre un camión e un tractor nun viario do termo municipal de Rábade saldouse este martes cun ferido leve. O incidente produciuse ao redor das once e media da mañá no punto quilométrico 0,300 da estrada LU-127, cando o camión e o vehículo agrícola se viron involucrados nunha colisión frontolateral.

Mobilizouse a axentes do subsector de Tráfico de Lugo e a efectivos do servizo 061, quen evacuaron a un dos condutores implicados no accidente. En principio, presentaba feridas de carácter leve.

Comentarios