Unha colisión entre un cuatriciclo e un camión en Guntín sáldase cun ferido leve

O accidente ocorreu na estrada LU-P2409 e a vítima puido saír polo seu propio pé do vehículo
La colisión se produjo a la altura de Guntín. EP
photo_camera Lugar do accidente. EP

Unha colisión frontolateral entre un coche sen carné e un camión de pequenas dimensións ocorrida en Guntín saldouse cun ferido leve, o condutor do cuatriciclo.

O incidente ocorreu pouco antes das 13.00 horas deste martes no punto quilométrico 1,880 a estrada LU-P-2409, que une Alto de San con Guntín, pasando por Carpaceiro.

A central de emerxencias do 112 rexistrou a alerta ás 12.46, aínda que nesa chamada xa se avanzaba que o ferido estaba consciente e incluso puido saír polo seu propio pé do vehículo. Aínda así, trasladouse o aviso a persoal de Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Chantada e á o Ges de Monterroso, pero finalmente non se requiriu a presenza destes dous últimos efectivos.