O Ceip de Outeiro busca voluntarias para renovar o servizo do comedor

A súa polémica supresión afectou a máis de 200 escolares horas antes do comezo do curso
Momento de la salida del colegio Laverde Ruiz. XESUS PONTE
photo_camera Momento da saída do colexio Laverde Ruiz. XESÚS PONTE

O Ceip Laverde Ruiz de Outeiro de Rei busca voluntarias para poder renovar o servizo do comedor escolar, que Educación suprimiu unhas horas antes do comezo do curso, ao negarse as voluntarias xa inscritas a aceptar unhas condicións que, segundo indicaron, excedían as súas capacidades e facían que "toda a responsabilidade recaese sobre nós", como manifestou unha delas.

A directora do centro, Noa Piñeiro, indicou que onte se apuntaron tres novas persoas como voluntarias, despois de que a Anpa instase os pais e nais a asumir esta función, que é o xeito que ata agora tiña o centro de garantir o servizo de comedor.

As nais que, con todo, negáronse a asumila este ano indicaron que non era unha decisión caprichosa, "pois parece que as culpables fomos nós" —indica unha delas—, senón que as tarefas esixidas "exceden as nosas capacidades, co dobre de traballo, sen estarmos aseguradas e sen que se nos realicen PCR ou se nos abasteza de material de prevención", comentaron.

A dirección do centro, que o xoves se expuña a dimisión ante a decisión da Consellería, optaba onte por dar unha marxe "por non abandonar ou colexio". A CIG, pola súa banda, acusou á Xunta de realizar unha política de custe "cero", e o BNG de Outeiro denunciou a suspensión do servizo ante a Valedora do Pobo.

Comentarios