viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

O Ceip de Outeiro de Rei fomenta a alimentación sa entre os escolares

20211124_101815
Pardo, con escolares do Ceip de Outeiro de Rei. EP
O colexio Laverde Ruíz promoveu actividades de sensibilización dirixidas a alumnado de primeiro e segundo de primaria

O Ceip Laverde Ruíz de Outeiro de Rei celebrou este mércores un Almorzo Saudable, unha proposta patrocinada polo Concello coa que se pretendía fomentar unha alimentación sa entre os escolares, ademais de concienciar sobre a necesidade de evitar que se desperdicie a comida.

Segundo explicaron desde o centro educativo, estas actividades, dirixidas a alumnado de primeiro e segundo de primaria, serviron para que os participantes se familiarizasen cos alimentos que favorecen que os almorzos sexan sans, como a froita, os froitos secos naturais, o cacao puro, o tomate, as torradas con aceite ou o xamón serrano, entre outros. Durante a xornada, os escolares recibiron a visita do alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.

O Ceip, que está inmerso este curso no proxecto documental integrado Aliment-Arte, celebrou con esta proposta o Día Mundial da Infancia e sensibilizou ao alumnado do Dereito á Alimentación.

O Ceip de Outeiro de Rei fomenta a alimentación sa entre os escolares
comentarios