A casa museo Manuel María premia os mellores videopoemas

Eloi Zabala González e Pablo Araujo Rodríguez foron os galardoados da cuarta edición deste certame
Premiados en el concurso de la casa museo Manuel María. EP
photo_camera Premiados no concurso de cásaa museo Manuel María. EP

A casa museo Manuel María fixo entrega, o pasado sábado, dos premios da cuarta edición do seu concurso de videopoemas. Eloi Zabala González, do IES do Milladoiro, coa obra Cando xa non haxa, de Pablo Araujo Rodríguez, do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia, coa obra Cando penso que te fuches, foron os galardoados da cuarta edición deste certame.

O xurado, composto polo realizador Omar Rabuñal, o profesor Eduardo Álvarez e a guionista Anxa G. Refoxo, tamén outorgou a mención de honra a Desexo III, realizado polas alumnas do IES Sanxenxo de Portonovo Marta González Bermúdez, Lucía Sanmartín Fraga, Clara Sueiro Figueiras, Ainara Vidal Domínguez e Érika Torres Miniño. Os premios foron entregados pola vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro Tallón.

De Cando xa non haxa, o xurado destacou que presenta "eficaces imaxes, un son adecuado, música acertada e voz sosegada que logra transmitir a beleza do poema". Cando penso que te fuches resultoulles unha obra "con potentes símbolos visuais". Para rematar, de Desexo III indicaron que "recrea de xeito moi eficaz e moi persoal o poema". As pezas que gañaron este concurso, ao que se presentaron un total de 122 videopoemas, poden verse na a páxina de Youtube do museo Manuel María.

Comentarios