Caen dous bidóns de auga oxigenada dun camión en Rábade

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Vilalba, que controlaron a emisión de gases procedentes dos recipientes
Camión de bomberos. ARCHIVO
photo_camera Un camión de bombeiros. ARCHIVO

Os feitos producíronse sobre as 12.30 horas do xoves na rotonda da LU-541 que enlaza coa A-6 no punto kilómetrico 510. Segundo a información que ofreceu o servizo 112 Galicia, unha das portas laterais do camión cedeu o que provocou que un bidón caese na rotonda e o outro nunha leira próxima. 

Para asegurar as condicións de seguridade na zona, ata o lugar acudiron os Bombeiros de Vilalba, que controlaron a emisión de gases procedentes dous recipientes. Unha vez realizada esta intervención e a limpeza da vía de circulación, levou a cabo o transvase da mercancía. Para estas intervencións, requiriuse da mobilización da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

O servizo de urxencia tivo coñecemento da situación a través do propio condutor do camión, uns minutos logo das 12:30 horas.

Comentarios