Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Tres dos oito cachorros abandonados en Rábade xa teñen novo fogar

Un dos canes quedará cun grupo de mozos na súa residencia de Lugo, mentres que os outros dous atoparon vivenda en Foz

Parte da camada achada o mércores ao pé das vías do tren en Rábade xa ten dono. Tres das oito cativas de can foron adoptadas este xoves a través da clínica veterinaria Chairegos.

Segundo o centro de coidado animal rabadense, un grupo de mozos fíxose cargo de tres cachorros tras coñecer a noticia do abandono. Un dos canes quedará con eles na súa residencia de Lugo, mentres que os outros dous atoparon vivenda en Foz.

A situación dos demais cachorros segue mellorando, como explicou o dono da clínica Chairegos, Breixo González. Con todo, unha das cativas, que arrastraba problemas nunha pata, segue á espera de máis probas veterinarias que determinen o grao da súa lesión. O número de contacto para adoptar aos cachorros é o 982 87 11 03.

Tres dos oito cachorros abandonados en Rábade xa teñen novo fogar
Comentarios