Aparece en Outeiro de Rei o home de 86 anos desaparecido desde o martes

O señor padece unha enfermidade mental

Encuentran al hombre desaparecido en Outeiro de Rei. EP
photo_camera Atopan ao home desaparecido en Outeiro de Rei. EP

Axentes da Garda Civil, veciños da localidade e efectivos de urxencias detiveron este mércores ás 15.00 horas o operativo de procura de José Edelmiro Veiga Espiño, de 86 anos. O home desaparecera este martes no lugar de Matela, no municipio lucense de Outeiro de Rei, e foi atopado a 300 metros do seu domicilio.

Segundo informaron fontes da Garda Civil, o home padece unha enfermidade mental, polo que todo parece indicar que puido desorientarse. A súa familia botouno en falta ao redor das 13.00 horas do martes, aínda que a Garda Civil non tivo coñecemento da desaparición ata as 19.00 horas.

No operativo de procura participaron drons do 112, un helicóptero da Garda Civil e unha unidade canina de Protección Civil de Ferrol.

Comentarios