jueves. 27.02.2020 |
El tiempo
jueves. 27.02.2020
El tiempo

Buscan unha cadela que se extraviou no lugar de Camposo en O Corgo

A cadela extraviada. EP
A cadela extraviada. EP
Os donos, que gratificarán a quen dea con ela

Os donos dunha cadela chamada Claudia piden axuda para localizala, logo de que se extraviase na noite do mércores ao xoves en Camposo, na parroquia corguesa de Lapio. De cor marrón claro, raza podenca e asustadiza, leva un colar co seu nome e cando se perdeu ía cunha cadela branca máis grande, que volveu a casa.

Os donos, que gratificarán a quen dea con ela, cren que pode estar entre Maceda e Ponte de Neira. Pódese avisar nos teléfonos 629.63.43.67 e 649.77.68.87.

Buscan unha cadela que se extraviou no lugar de Camposo en O Corgo
Comentarios