O BNG pide crear unha comisión de investigación sobre a situación da residencia DomusVi

A situación sanitaria do centro de maiores de Outeiro de Rei preocupa á formación nacionalista

BNG de Outeiro de Rei. EP
photo_camera BNG de Outeiro de Rei. EP

O BNG de Outeiro de Rei mostra a súa preocupación pola situación sanitaria que está a atravesar a residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei, debido ao medio centenar de contaxios que suma entre usuarios e traballadores. A formación nacionalista demanda a creación dunha comisión de seguimento na que estean representados todos os grupos municipais.

 "Debería servir para coñecer datos precisos sobre os contaxios e as decisións que se están a tomar para deter o avance do virus, e tamén para que os grupos polìticos poidamos propoñer e acordar medidas que poidan mellorar a situación no centro", argumentou a concelleira Elvira Lombao. Tamén pide "a máxima transparencia" na xestión desta incidencia, "tanto por parte da dirección deste centro privado como da Xunta".

"A situación da residencia está a xerar moita preocupación entre os familiares das persoas residentes e tamén das traballadoras", alega nun comunicado, no que censura que "os orzamentos do concello non recolleran ningunha medida para minorar o impacto económico e social da crise sanitaria". "O goberno municipal  ten que asumir a responsabilidade e actuar", conclúe.

As residencias de maiores de Galicia sumaron nas últimas 24 horas catro contaxios de Covid-19, tres deles de usuarios da residencia de Outeiro de Rei.

Comentarios