O BNG denuncia que cinco menores tutelados en Rábade estiveron sen escolarizar

"É gravísimo e inadmisible", sinalou Olalla Rodil
Entrada del centro Santo Anxo de Rábade. EP
photo_camera Entrada del centro Santo Anxo de Rábade. EP

A deputada do BNG Olalla Rodil denunciou no Parlamento de Galicia que cinco menores baixo tutela no centro Santo Anxo, de Rábade, estiveron durante un mes sen escolarizar por falta "de profesorado", unha circunstancia que cualificou como "inadmisible".

"Eses cinco rapaces estiveron sen escolarizar ata hai un mes", precisou, algo que para o BNG "é gravísimo e inadmisible".

De feito, o partido nacionalista esíxelle á Xunta de Galicia que "esclareza a través dunha investigación o sucedido no centro entre os meses de setembro e outubro", así como que "dirima responsabilidades por este grave feito, que vulnera un dos dereitos fundamentais dos menores, como é o dereito á educación".

Así mesmo, reclama "a dotación, de xeito inmediato, dos medios necesarios para o correcto funcionamento do centro".

Rodil sostén que a situación do Santo Anxo "é unha irresponsabilidade por parte da Consellería de Educación", porque "mantén un centro educativo sen profesorado suficiente".

"A Xunta de Galicia incumpre as súas obrigacións e responsabilidades", o que lles causa "un enorme prexuízo aos menores que desenvolven a súa vida neste centro", conclúe. 

Comentarios