Unha avaría provoca a saída de auga turbia en Rábade

O alcalde, Francisco Fernández Montes, confirmou que a nbsp;última&hora da noite do xoves o problema xa foi solucionado

O alcalde de Rábade en funcións, Francisco Fernández Montes, confirma que houbo unha avaría na rede que provocou que a auga saíse turbia durante a xornada deste xoves, pero que a última hora da noite xa quedou emendada e que durante todo este venres a situación foi de absoluta normalidade.

Segundo Fernández Montes o problema debeuse a un fallo na bomba principal de abastecemento, que provocou que a rede se baleirase por completo. Esta situación obrigou aos técnicos de Aqualia, empresa concesionaria do servizo, a purgar todo o sistema o que provocou o arrastre de sendimentos ao circuíto.

A situación normalizouse ás poucas horas.

Comentarios