A AUGC pide escudos para a Garda Civil por incidentes como no Santo Anxo

A asociación indica que cada vez é máis constante a intervención dos axentes
Fachada del centro Santo Anxo de Rábade. EP
photo_camera Fachada do centro Santo Anxo de Rábade. EP

A Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) solicitou este xoves formalmente ante o xefe da Comandancia de Lugo que se dote a cada posto de seguridade cidadá dun mínimo de dous escudos "para non menoscabar a seguridade dos axentes", segundo informaron nun comunicado. 

A AUGC realiza esta petición debido aos incidentes nos que interveu a Benemérita nos últimos meses, sobre todo os sucedidos no centro de menores Santo Anxo de RábadeEsta asociación menciona no comunicado as noticias publicadas neste medio en relación á situación do centro como "fose de control", onde "son constantes as fugas e as agresións, temendo que ocorra unha desgraza". 

A asociación indica que cada vez é máis constante a intervención da Garda Civil, e que houbo incidentes nos que os menores chegaron a tirarlles pedras logo de agredir a un vixiante, polo que ven necesario un medio de protección. 

Doutra banda, tamén indican que creceron as chamadas de apoio ao persoal sanitario no referente a enfermos psiquiátricos, situacións ante as que din non dispor de medios necesarios.

Comentarios