lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Un atropelo a un corzo en Castroverde sáldase cun ferido leve

Accidente en Castroverde. EP
Accidente en Castroverde. EP
O suceso tivo lugar ao redor das 6.30 horas deste domingo

Un condutor resultou ferido tras sufrir un accidente á primeira hora da mañá deste domingo en Castroverde.

O incidente produciuse no quilómetro 15,800 da estrada LU-530, que conecta Lugo coa Fonsagrada. Segundo informou a Garda Civil, o accidente tería lugar ao redor das 6.30 horas. 

O causante do suceso foi a aparición na estrada dun corzo. O condutor non puido frear e atropelou ao animal, tras o cal o coche saíuse da estrada.

Un atropelo a un corzo en Castroverde sáldase cun ferido leve
comentarios