Arcadio Silvosa: "O certo é que aquí dentro hai moitas precaucións"

Arcadio Silvosa. AEP
photo_camera Arcadio Silvosa. AEP

O xornalista e expolítico Arcadio Silvosa vive con tranquilidade, pero coa lóxica cautela, o aumento de positivos na residencia de Outeiro de Rei, onde vive. "Se que hai máis positivos, pero para nós a cousa non cambia; seguimos encerrados nas habitacións. É certo que hai comentarios, como é lóxico, pero a verdade é que aquí dentro hai moitas precaucións", asegura.

As medidas anti Covid reforzáronse na residencia de Outeiro de Rei desde que o pasado 28 de agosto rexistrásense os positivos de dúas traballadoras. Desde entón, os internos son sometidos a probas PCR con asiduidade. "O venres fíxenme a última PCR e hoxe (por este martes) déronme o resultado, que foi negativo", indica.

Arcadio Silvosa foi o protagonista da unha reportaxe que publicou este diario o pasado domingoNo mesmo facía gala do seu bo humor e optimismo, o que mantén a pesar de que a situación empeorou ata o punto de que a residencia foi intervida pola Xunta. "Agora xa teño televisión na habitación e algo cambia, pásase mellor o intre. Teño posta A 2 e xa vin non se cantas veces o documental dos crocodilos que se comen aos ñus no río", comenta entre risas.

Comentarios