miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

A antiga cámara agraria de Guntín será un cuartel da Garda Civil

Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
A obra civil está terminada e foi executada polo taller de empelo Ponche de Areas III, promovido polo Concello do Páramo, xunto co do Corgo e Guntín

A Garda Civil terá unha nova sede no municipio de Guntín, o que permitirá abandonar as vetustas instalacións nas que ata agora desempeñaban o seu traballo uns seis axentes, un local cedido polo Concello fai case medio século e que presenta múltiples deficiencias, denunciadas pola propia Asociación Unificada de Gardas Civís.

De feito, este colectivo chegou a cualificar o actual posto da Garda Civil en Guntín como unha das peores sedes da Benemérita en todo o país, por mor das deficiencias que presenta un edificio que apenas recibiu mellora algunha no último medio século, como filtracións, humidades, gretas, fiestras rotas ou a carencia de calefacción ou vestiarios.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitaba este mércores en Guntín a antiga cámara agraria da localidade, que foi restaurada para albergar o novo cuartel da Garda Civil.

A obra civil está terminada e foi executada polo taller de empelo Ponche de Areas III, promovido polo Concello de O Páramo, xunto co de O Corgo e Guntín.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade financiou a actividade dese taller, que comezou hai un ano, cun orzamento de 462.500 euros, aínda que por mor da pandemia foi preciso prorrogalo durante tres meses máis da duración prevista inicialmente, o que obrigou a incrementar a achega económica inicial en 126.100 euros.

Ademais, o propio Concello de Guntín ha investido case 50.000 euros do seu orzamento nas obras, para mellorar a cuberta, a fachada, o illamento térmico, o sistema de impermeabilización e a carpintería do edificio.

De momento, non hai data para o traslado á nova sede.

A antiga cámara agraria de Guntín será un cuartel da Garda Civil
comentarios