O alcalde de Portomarín apela ao "autoconfinamento" tras dispararse os contagios 

Estima que hai entre "12 e 20 casos" no municipio, o que considera "unha barbaridade"
Juan Serrano. AEP
photo_camera Juan Serrano. AEP

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, fixo un chamamento aos seus veciños para que se "autoconfinen" ao dispararse os contagios por covid-19. Estimou que na actualidade conviven con entre "doce e 20 casos" positivos. Ademais de apelar ao "autoconfinamento", o rexedor puntualizou que se pecharon todos os servizos municipais que non son "esenciais" para frear a escalada de contaxios. 

"A única forma de parar a viaxe do virus dun sitio a outro (o autoconfinamiento) e así decretamos o peche tamén deses servizos municipais e reforzamos a vixilancia en zonas de concorrencia obrigada como farmacias, supermercados ou o centro de saúde, desinfectando as zonas comúns", concretou. 

Tamén se suspendeu o servizo de Atención Domiciliaria durante quince días, logo de analizar a situación e consultar cos propios usuarios, sinalou. 

En canto á incidencia, Serrano calculou que teñen "entre 12 e 20 casos", o que suporía sobre "un un por cento" da poboación de Portomarín, que supera os 1.400 habitantes

"Esta porcentaxe paréceme unha barbaridade, sobre todo nun concello que estivo en cero ou cun caso só. Se isto nun ou dous días non o paras, haberá que facer PCRs e cribados", advertiu finalmente o alcalde de Portomarín. 

Comentarios