O alcalde de Outeiro de Rei pide que se fagan PCR a todo o que entra e sae da DomusVi

José Pardo pide ás autoridades sanitarias que actúen co máximo rigor ante a "grave" situación da residencia
Residencia de mayores DomusVi de Outeiro de Rei. SEBAS SENANDE
photo_camera Residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei. SEBAS SENANDE

O alcalde de Outeiro de Rei, o popular José Pardo, apelou este mércores a que se fagan controis e probas PCR a aquelas persoas "que entran e saen" da residencia de maiores DomusVi Lugo, intervida pola Xunta tras o incremento de positivos por Covid-19 e que ten xa a máis de 130 dos seus usuarios contaxiados.

Sobre a posibilidade de que se faga un cribado entre a poboación, igual que se fixo no seu momento no Incio, o rexedor dixo que "son as autoridades sanitarias as que saben" e "os que teñen os coñecementos suficientes" para realizalo en caso de ser necesario. "Eu espero que actúen co máximo rigor posible, non sei si o consideran necesario ou non", apostilou. 

DIRECTORA DE DOMUSVI
►Josefina Pérez: "Traballadores e familias teñen responsabilidade ao saír do centro"

En todo caso, o alcalde considera que entre "o resto de poboación" do concello "apenas hai contaxios" e confiou en que ese brote "non se salga da contorna da residencia". Entre as medidas que cre que se deberían pór en marcha, apostou por controlar a aquelas persoas que entran e saen da residencia, como poden ser "traballadores ou xente que poida ir aí con subministracións", para evitar novos contaxios. 

José Pardo non ocultou que os casos detectados no centro son "un tema preocupante". "É un tema grave, a ver como evoluciona", engadiu o rexedor. 

Comentarios