domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

O alcalde de Castroverde ameaza con levar "aos tribunais" a Medio Rural por non permitir plantar eucaliptos

Un bosque de eucaliptos. AEP
Un bosque de eucaliptos. AEP
José María Arias criticou ao conselleiro José González e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, ameazou con levar "aos tribunais" ao conselleiro de Medio Rural, José González, e reclamou a súa "dimisión" por non permitir a plantación de eucaliptos neste municipio.

Arias afirma que o goberno local defende a plantación "porque é tamén un medio de vida para calquera" e asegura que o Plan Xeral de Ordenación Municipal o permite nalgunhas zonas.

O alcalde censurou a actitude da Xunta pero criticou especialmente ao conselleiro do ramo e ao propio Alberto Núñez Feijóo, por fomentar "desordenación do territorio no rural, no campo, no monte e no agro e suma e segue".

O rexedor criticou a González pola súa recente visita a Baralla e a dicir que fará unha moratoria de dous meses para que todo o mundo ande co sacho plantando eucaliptos onde non pode". "Non pode ser é que haxa zonas masificadas cun 90 por cento de eucaliptos e agora vingan a Castroverde a prohibilos", censurou.

Neste sentido apostou por pór "unha taxa en toda Galicia para protexer as carballeiras", en lugar de anunciar que se denunciará cando se vexa a alguén plantar.

"Isto é como o garda de tráfico que che di que se lle vemos beber collémolo e senón non". "Este é un político chafalleiro. Se vos vemos plantando temos que sancionarvos, vén dicir (José González) e senón non, isto é unha broma", lamentou.

O alcalde de Castroverde ameaza con levar "aos tribunais" a Medio...
comentarios