Afalu xestiona un novo centro de día en Friol para enfermos de alzhéimer

A conselleira de Política Social visitou estas instalacións, que contarán con 14 prazas públicas â?? Deputación e CB Breogán participaron en varios actos para concienciar sobre a doenza
Fabiola García (centro), junto a otras autoridades y responsables del centro, en Friol. ADRA PALLÓN
photo_camera Fabiola García (centro), junto a otras autoridades y responsables del centro, en Friol. ADRA PALLÓN

A Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer de Lugo (Afalu) xestionará o novo centro de día de Friol, que terá capacidade para 30 prazas, das que 14 serán públicas para a atención específica de persoas afectadas por esta enfermidade.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou o martes estas instalacións con motivo do Día Internacional do Alzhéimer. Na súa intervención, ademais de anunciar a creación destas prazas públicas -ás que o Goberno autonómico destinará 170.000 euros para a prestación do servizo e transporte dos usuarios-, incidiu na importancia "dun diagnóstico precoz" e dunha rede ampla de centros «para facer fronte a esta doenza.

Fabiola García agradeceu a Afalu o traballo que realiza no coidado de persoas con alzhéimer e avanzou que o Goberno galego seguirá traballando da man das entidades que conforman a Federación de Alzhéimer Galicia (Fagal) para levar servizos de calidade a toda a comunidade.

Sensibilización. Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer realizáronse onte varios actos en Lugo para concienciar sobre esta doenza. Así, o presidente da Deputación, José Tomei, e a deputada de réxime interior, Pilar García Porto, visitaron unha mesa informativa que Afalu instalou onte na Praza de San Marcos. A Deputación colabora con este colectivo con 20.000 euros para axudar na atención a estes pacientes.

Nun acto nese mesmo punto participaron tamén o deputado de deportes, Efrén Castro, xunto a unha representación de técnicos e xogadores do CB Breogán -Erik Quintela, Tyler Kalinoski, Javi Muñoz e Quique Salva-. A presenza da delegación do equipo celeste, encabezada pola mascota Maximus e a responsable da área social do club, Salva Arco, serviu para dar visibilidade á campaña que desde Afalu están a realizar para dar información sobre os servizos que ofrece ás persoas enfermas e a facer un chamamento sobre a prevención da doenza.

Comentarios