A actriz Benedicta Sánchez, protagonista de 'O que arde', celebra o Día do Maior no Corgo

La actriz Benedicta Sánchez, en el centro de día de O Corgo. XESÚS PONTE
photo_camera A actriz Benedicta Sánchez, no centro de día do Corgo. XESÚS PONTE

O centro de día do Corgo celebrou este venres ao grande do Día Internacional das Persoas Maiores. A estrela da xornada foi a actriz Benedicta Sánchez, natural da vila e protagonista da película O que arde, de Óliver Laxe.

A octoxenaria ofreceu unha charla no centro sociocultural para contar aos numerosos asistentes a súa experiencia na rodaxe do galardoado filme.

O toque musical do día púxoo a asociación cultural A Legua Dereita e ademais houbo petiscos para todos os asistentes. 

Comentarios