Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Achan na súa casa o cadáver dun veciño de Castroverde que levaba morto varios días

Eduardo P., de 54 anos, estaba enfermo e levaba máis dun ano vivindo só, tras a morte do seu pai

O cadáver dun veciño de Castroverde, que levaba morto varios días, foi achado este domingo na súa vivenda do centro urbano da localidade lucense.

Efectivos de Ges de Becerreá tiveron que tombar a porta do inmoble para poder acceder ao mesmo. O falecido, Eduardo P., de 54 anos, levaba máis dun vivindo só tras a morte do seu pai. Estaba enfermo desde había tempo, con problemas sobre todo de diabetes.

Os seus restos mortais están no Tanatorio Marzo de Castroverde. O funeral e enterro será este luns a partir das 19.00 horas.

Achan na súa casa o cadáver dun veciño de Castroverde que levaba...