Municipios de Lugo imporalle unha nova taxa ás eléctricas

53 dos 67 municipios de Lugo poderán implantar a taxa
Fachada de la sede de la Diputación de Lugo. AEP
photo_camera Fachada de la sede de la Diputación de Lugo. ARCHIVO

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación dunha asistencia técnica, por importe de 193.000 euros, para que os municipios da provincia poidan implantar unha taxa ás compañías eléctricas e de subministración de gas polo uso que fan dos bens de dominio público para o transporte da enerxía.


Trátase, segundo precisou a portavoz socialista do goberno bipartito, Pilar García Porto, dun tributo que lles permitirá "obter novos recursos económicos" á maioría dos municipios da provincia. De feito, a Deputación de Lugo asinou un convenio de colaboración cos 53 municipios da provincia que decidiron sumarse a este proxecto.


A xunta de goberno adxudicou a elaboración do conxunto de traballos técnicos, económicos e administrativos que son necesarios para "a aplicación da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local que fan as empresas de subministración eléctrica e gas", precisou García Porto.


O prazo de execución é de catro anos, aínda que a adxudicataria terá oito meses para presentar o inventario da afección sobre o dominio público das liñas eléctricas que pasan polos municipios da provincia.

Comentarios