Uns investigadores de Vigo descobren un novo molusco na Antártida

Investigadores da Universidade de Vigo descubriron unha nova especie de molusco na Antártida, a "Zeidora antarctica", de 14 milímetros, que pertence a un grupo case descoñecido formado por 14 especies e con moi poucos exemplares localizados, informaron fontes da institución académica.

A identificación deste animal aparece publicada no último número da revista The Nautilus , que informa o descubrimento en augas da Antártida durante os traballos de investigación do proxecto denominado "Bentart". O grupo de investigación encargouse de analizar durante cinco anos as mostras recollidas nas augas abisais da Antártida, en profundidades que oscilan entre os 45 e os 3.000 metros.

O decano da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Jesús Souza, destaca a relevancia do descubrimento, porque se trata dunha especie "case xigante para o grupo ao que pertence", xa que a media deses moluscos non adoita superar os cinco milímetros de lonxitude. Souza afirma que o descubrimento foi "inesperado", xa que non se atoparon especies deste grupo ao sur de Nova Zelandia.

Os traballos que culminaron coa identificación da "Zeidora antarctica" comezaron en 2006 co estudo tasonómico dos moluscos e outras especies procedentes da Antártida, pero non foi ata agora cando lla recoñece como unha nova especie.

Comentarios