A páxina web da CIA, hackeada por diversión

O grupo de piratas informáticos Lulz Security atribuíuse este mércores un ataque contra a páxina de internet da Axencia Central de Intelixencia estadounidense (CIA). Nunha mensaxe a través da rede de microblogs Twitter, o grupo, que xa se atribuíu ataques contra a páxina de internet do Senado ou a televisión pública estadounidense, entre outras institucións, escribiu "Tango abaixo -cia.gov- para os lulz"

Lulz Security é un grupo de piratas informáticos especializado en penetrar redes por simple diversión.

O grupo, que tamén atacou os sistemas de Sony e Nintendo, asegurou na súa páxina de internet tras atacar a páxina do Senado esta semana que entrou no servidor para pór en evidencia os problemas de seguridade da rede.

Comentarios