Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Sergio xogará de lateral dereito en lugar de Aitor, que é baixa por sanción

Sergio Iglesias. (Foto: PEPE ÁLVEZ/AEP)
Sergio Iglesias. (Foto: PEPE ÁLVEZ/AEP)

O Lugo presentará de novo novidades ante o Albacete. Setién non poderá contar con Aitor e Monti, sancionados, e onte anticipou que Sergio Iglesias volverá ao lateral dereito. Zarandona podería seguir como media punta, xa que Berodia segue sen recuperarse. Isma López volve tras cumprir a súa sanción dun partido.

O Lugo chegará ao duelo bastante mermado. Mentres que Diego Rivas xa se adestrou onte e podería volver á convocatoria, Fran podería chegar algo xusto. Luismi e Quero son outras dúas dúbidas para o técnico branquivermello. «Sempre digo que o ideal é dispor de todos e que estean ao cento por cento para poder elixir a mellor opción», comentou.

«Estamos en desvantaxe porque hai dous xogadores que non podemos contar con eles e que son moi importantes: Aitor e Monti. E os dous sen estar lesionados. Os dous fixeron un bo partido en Albacete, outros están tocados. Diego Rivas mellorou moitísimo e posiblemente poderá estar no banco», apuntou.

Berodia

«Berodia non se adestrou e segue con molestias. Si o fixo o sábado bastante ben e pensei que estaría para xogar, porque tiña dúbidas con el e con Monti, ao final foi Berodia o que quedou na bancada. Quero está un pouco mellor e se non está teremos que forzar a Luismi cunha mascara ou con algo, co consentimento do doutor», comentou o adestrador do equipo lucense.

Sergio xogará de lateral dereito en lugar de Aitor, que é baixa por...
Comentarios