Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Saqués detalla o seu plan para o novo CD Lugo nun acto público

O virtual presidente do club cita a socios, afeccionados e familiares no Pazo de Feiras

O novo presidente do CD Lugo, Tino Saqués, presentará este luns 8 de xuño o seu proxecto deportivo e social para a entidade branquivermella nun acto de face ao público. O acto está anunciado para as oito e media da tarde no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Saqués fixo unha invitación pública a seareiros, socios e accionistas do CD Lugo, que fai extensible a familiares e amigos destes. Eles serán, explica, "os primeiros en coñecer os nomes do próximo corpo técnico".

Nas últimas semanas circularon os nomes de Toni Otero como novo director deportivo; Luis Milla, como adestrador do primeiro plantel, e Manuel Mandía como responsable da canteira.

Ademais do proxecto deportivo, nesta cita "daranse a coñecer aspectos do ámbito social do club que se pretenden desenvolver nesta nova etapa".

O acto será presentado polo xornalista Terio Carreira.

A presentación pública terá lugar dous días antes de que se celebre a asemblea extraordinaria do CD Lugo SAD que ratificará o cambio de propiedade cara a Saqués. Tras a compra das accións das que se desprenderon a Deputación e o Concello, o empresario é propietario do 57,91 por cento do capital social da entidade branquivermella.

Saqués detalla o seu plan para o novo CD Lugo nun acto público
Comentarios