Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Rubén García: ''Sabiamos que gañando achegabámosnos máis ao obxectivo''

O mediocentro branquivermello, Rubén García, ve cada vez mais cerca o obxectivo de meterse na promoción de ascenso. «Este era un partido moi importante onde nos xogabamos moito. Sabiamos que se gañabamos achegabámosnos máis ao obxectivo», dixo o xogador do Barco.

García xa pensa no próximo enfrontamento do Lugo, o sábado ás 18.00 horas contra o San Sebastián de los Reyes. «Quedan tres partidos e un enfrontamento directo entre Tenerife e Oviedo, polo que intentaremos traer algo positivo dun campo que será moi complicado, porque o San Sebastián de los Reyes xógase o descenso», afirmou.

Pola súa banda, o centrocampista Carlos Pita destacou «a boa segunda parte que fixemos, pero o importante é que o equipo sumou tres puntos para aumentar a distancia co Oviedo, que era o importante». «Se gañamos o sábado ao Sanse somos pla yoff seguro polo enfrontamento entre Oviedo e Tenerife», apostilou Pita.

O adestrador do Xetafe B, Emilio Ferreras, acabou o partido visiblemente alterado pola súa expulsión e declinou acudir á rolda de prensa.

Rubén García: ''Sabiamos que gañando achegabámosnos máis ao...
Comentarios