Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

O vidente do Ángel Carro

Aficionados rojiblancos, en el Lugo-Cádiz de 2012
Aficionados rojiblancos, en el Lugo-Cádiz de 2012
Belencoso foi o máis optimista da plantilla despois de soñar co ascenso uns días antes de comezar un play off histórico para o Lugo

Un manchego con dotes de adiviño para soñar cun triunfo que acabou por chegar. Mentres a plantilla e a afección do Lugo mantiñan a cautela, Juan Carlos Rodríguez Belencoso soñaba cun ascenso que acabou por chegar tras unha eliminatoria épica fronte ao Cádiz.

"O único que dicía na primeira fase que iamos ascender era Belencoso. Dixo que o soñou. Belencoso chegou ao vestiario onde estabamos todos e dixo: ‘rapaces, que saibades que imos ascender, que o soñei e está para nós’. E así foi", revela Víctor Marco.

O dianteiro nacido en Albacete foi dos poucos que exteriorizou a súa confianza absoluta no ascenso. "Non había alguén máis optimista do normal, todos tiñamos confianza. Pasaramos eliminatorias, tiñamos confianza e compañeiros que xogaran play off. Sabiamos que podiamos defender o que sacaramos", valora o defensa José Belfortti.

"A xente era moi cauta, a pesar de que todos sabiamos no noso interior que tiñamos moito camiño feito, aínda que o partido de Cádiz era moi complicado", manifesta Quero.

AFICIÓN EXEMPLAR. Os xogadores sentiron sempre arroupados pola afección do Lugo, que viviu con ilusión a semana posterior ao 3-1 do Ángel Carro.

"Vivía en Augas Férreas e ía todos os días ao parque coas miñas fillas. A xente víñache máis e intentábache animar. Víase máis a euforia, a xente estaba moi ilusionada co resultado, con ganas de tocar a Segunda División", di Félix Quero.

"A xente era bastante cautelosa tras o 3-1 e polo pau do ano anterior, aínda que a Cádiz veu moita xente e apoiounos moito. Foi moi bonito e especial", indica Víctor Marco.

O equipo sempre sentiu a calor da xente nunha eliminatoria histórica. "Recordo que viñeron apoiarnos ao adestramento e nese sentido foi espectacular. A afección de Lugo sempre apoiou ao equipo. En cinco anos que estiven alí sempre sentín o seu apoio e a súa forza para conseguir os obxectivos", valora o valenciano Víctor Marco.

O vidente do Ángel Carro
Comentarios