Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

''Non podemos volvernos tolos''

Iván Pérez escapa con la pelota de un jugador del Las Palmas (Foto: XESÚS PONTE)
Iván Pérez escapa con la pelota de un jugador del Las Palmas (Foto: XESÚS PONTE)

A pesar das últimas derrotas a domicilio, o xogador do Club Deportivo Lugo Iván Pérez quixo apostar onte pola cautela e a tranquilidade na rolda de prensa previa ao encontro de mañá (18.00 horas) ante o Numancia no Ángel Carro. Pérez recordou que o equipo branquivermello está a facer ben as cousas e xa conta con 36 puntos na clasificación, é dicir, avanza firme cara ao obxectivo da permanencia.

«Un non pode volverse tolo porque nos quedan catorce puntos por facer (para conseguir a salvación virtual). Temos que pensar que o temos ao alcance da nosa man, que o podemos conseguir, e non podemos cambiar o noso xeito de xogar, senón seguir gozando de cada partido. O día que non gocemos ou non fagamos o que temos que facer no campo é cando nos teremos que volver tolos», indicou.

Cinco xogadores con molestias

Ata cinco xogadores do persoal do Lugo adestráronse onte á marxe do resto dos seus compañeiros, aínda que é probable que algúns deles poidan estar dispoñibles para Quique Setién para o partido de mañá. Un destes xogadores é Óscar Díaz, que arrastra molestias nos abdutores e traballou pola súa conta.

Setién decide hoxe o once titular

O Club Deportivo Lugo realiza hoxe ás 11.00 horas no estadio Ángel Carro o seu último adestramento previo ao partido co Numancia. No mesmo, que levará a cabo a porta pechada, Quique Setién, técnico branquivermello, traballará os últimos detalles e, coas reservas da situación física dalgúns futbolistas, é posible que o cántabro opte por repetir o once que se enfrontou o pasado fin de semana ao Mirandés. A única novidade podería chegar coa entrada de Rubén Durán, que tanto pode desenvolverse con enganche coa punta como no medio centro facendo parella con Carlos Pita.

Consiga AQUÍ a información completa

''Non podemos volvernos tolos''
Comentarios