Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Chegou o día

CamisetaLUGO-001.jpg
CamisetaLUGO-001.jpg

O Ángel Carro quedará pequeno este domingo (19.00 horas, TVG 2) con motivo do Lugo-Cádiz, encontro de ida da eliminatoria decisiva do play off de ascenso a Segunda División A.

O partido comezarase a xogar antes nas rúas da cidade, onde ambas as afeccións porán o colorido típico deste tipo de acontecementos.

O Lugo adestrou este sábado a porta pechada e Setién convocou aos 19 xogadores dispoñibles, dos que terá que descartar a tres. O adestrador lucense afronta o duelo coas baixas dos lesionados Diego Rivas e Fran Pérez, mentres que Javi Rei é dúbida por culpa da súa lesión nun nocello.

As previsións meteorolóxicas falan dun día de choiva. O Lugo-Cádiz desta tarde, último encontro da tempada no Ángel Carro, podería estar pasado por auga. Por iso, o club riojiblanco rebaixou o prezo dos paraugas oficiais do CD Lugo a cinco euros. Os mesmos poderanse adquirir antes do encontro.

Con motivo do partido, El Progreso distribúe este domingo un espectacular caderno especial con é slogan ¡Este ano si!, que foi o que o xornal utilizou en toda esta fase de ascenso a Segunda División, O especial quere pór de manifesto a grandeza dos homes que fixeron posible que o Lugo estea a 180 minutos de volver á categoría de prata do fútbol español.

Chegou o día
Comentarios