Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

As baixas condicionan os desexos de reacción do Lugo en Huesca

431704.jpg
431704.jpg

Test de tensión para o Club Deportivo Lugo no Alcoraz. O conxunto branquivermello deberá sacar hoxe (17.00 horas) a relucir a súa tesourería futbolística ante o Huesca para afrontar con garantías as complexas facturas que se lle presentan en forma de baixas, sancións, dúbidas e un refacho de dúas derrotas consecutivas. O bulebule de obstáculos chega no peor momento para o Lugo, que debe xogar ante un rival directo nun momento da tempada onde se xogará boa parte das súas opcións de tranquilidade futura.

Os problemas parecen concentrarse na porta do vestiario do Ángel Carro. O técnico branquivermello, Quique Setién, terá que tirar de enxeñería táctica para que o equipo poida romper cun mal momento de resultados. Esta será a terceira vez que afronte un partido para acabar con dúas derrotas seguidas. Nas dúas anteriores ocasións tivo o mellor dos escenarios para facelo: o Ángel Carro. Agora farao a domicilio ante un inimigo complicado, o Huesca, ao que lle sentaron ben os cambios no banco e o persoal.

Consiga AQUÍ a información completa

As baixas condicionan os desexos de reacción do Lugo en Huesca
Comentarios