Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

O oportunismo de Martín dita a sentenza

ELP2609P44F3.JPG
ELP2609P44F3.JPG

1

lugo

 

0

montañeiros

 

Lugo: Pablo, Víctor, Yeray, Sergio, Suso, Martín, Aarón, Santi, Matías, Fabián e Rois. Tamén xogaron Borja, Lillo, Bryan e Jorge.

Montañeiros: Javi, David, Andrés, Gabi, Chovas, Candán, Raúl, Pardiñas, Claudio, Alexis e Cristian. Tamén xogaron Gayoso, Diego, Domingo, Gon e Sergio.

Goles: 1-0, min 77: Martín.

Árbitro: Vazquez Valín. Pablo Lugo amoestación.

Incidencias: As Gándaras.

O CD Lugo fíxose con tres puntos nun partido complicado, no que puido gañar de forma máis folgada pero houbo de esperar ás postrimerías do encontro para resolver cun bo gol de Martín.

O partido comezou con dominio branquivermello e xa no primeiro minuto Santi puido anotar o primeiro, pero o seu tiro parouno o porteiro visitante ben colocado.

Os Montañeiros replicou no 19 cunha vaselina de Claudio que lambeu o traveseiro de Pablo na única acción de verdadeiro perigo dos herculinos.

O mediocampo local impuña a súa forza e calidade e impulsou as ocasións lucenses, que chegaron por medio de Martín, que enviou ao limbo un par de accións claras para inugurar o electrónico. O 0-0 despediu de forma inxusta os primeiros 45 minutos para o Lugo.

O equipo de Manel seguiu empuxando na segunda parte e unha gran contra de Martín e Fabián deixou só a Borja, pero o seu envío foi demasiado alto.

O gol cheirábase cerca, máis cando Santi tirou unha falta que se estrelou con violencia contra o traveseiro. O tanto chegou no 77, grazas ao oportunismo de Martín, que se atopou cun balón dentro da área que introduciu na meta dos Montañeiros de volea. Os herculinos intentárono, pero a defensa local non pasou apuros. Destacaron Yeray, Suso e Sergio.

O oportunismo de Martín dita a sentenza
Comentarios