Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Cedidos ao Somozas Cedrón e Camba, dúas promesas da canteira do Lugo

Julio Camba, con el balón, durante el partido contra el Sabadell
Julio Camba, con el balón, durante el partido contra el Sabadell
O porteiro foi a alternativa o ano pasado ao daquela lesionado Dani Mallo, mentres que o central debutou en Segunda

O Club Deportivo Lugo anunciou este xoves a cesión do porteiro Manu Cedrón, e do central Julio Camba, ambos de 19 anos, á Unión Deportiva Somozas, no marco de acordo de colaboración entre os dous clubs de fútbol.

Os xogadores incorporáronse este xoves ao primeiro día de pretemporada co UD Somozas.

Manu Cedrón foi convocado en varios partidos da tempada pasada na Segunda División, debido á lesión do porteiro Dani Mallo, aínda que non chegou a debutar. Julio Camba fíxoo contra o Sabadell, cando xogou todo o partido.

Escolas deportivas

O Lugo abriu xa o prazo de inscrición para as escolas deportivas de face á tempada 2015-16 destinadas a nenos de entre 3 e 12 anos. As prácticas deportivas están dividas en dous tipos: a escola de predeporte (a partir de tres anos) e a escola de iniciación ao fútbol (desde os cinco ata os doce anos). O número de prazas é limitado. As prácticas comezarán o 7 de setembro de 2015 e finalizarán o 24 de xuño de 2016.

O modelo de solicitude pode descargarse na páxina web oficial do club.

Cedidos ao Somozas Cedrón e Camba, dúas promesas da canteira do Lugo
Comentarios