Borja Gómez: ''O Girona é un equipo novo e con moitas ganas''

Borja Gómez (Foto: XESÚS PONTE)
photo_camera Borja Gómez (Foto: XESÚS PONTE)

O defensa central do Club Deportivo Lugo Borja Gómez asegurou onte en rolda de prensa no novo campo do Ceao que o sábado (18.00 horas) os branquivermellos recibirán no estadio Ángel Carro ao equipo «revelación» da tempada en Segunda, o Girona.

«Para min, o Girona é [...]

Consiga AQUÍ a información completa

Invitacións para os colexios

O Club Deportivo Lugo distribuirá invitacións en colexios de educación primaria de Lugo para o partido do sábado no estadio Ángel Carro ante o Girona. As localidades están situadas no fondo sur do estadio. Para esta mesma bancada, as entradas terán un prezo de cinco euros para adultos acompañantes e público en xeral.

De los Reyes

Era un segredo a voces e onte fíxose oficial a saída de Samuel de los Reyes do Club Deportivo Lugo para xogar agora no Llagostera, outro conxunto que milita en Segunda División. De los Reyes chegou o pasado verán procedente do Córdoba, que o cedeu ao equipo branquivermello para que contase con oportunidades e protagonismo. O futbolista contou con poucos minutos no equipo que adestra Setién e agora buscará o seu sitio no Llagostera, onde coincidirá con outro exbranquivermello, Jorge García.

Adestramento

O Club Deportivo Lugo traballa hoxe a partir das 11.00 horas no Ángel Carro na que será a penúltima sesión de traballo antes do partido do sábado ante o Girona. Haberá que seguir a evolución dos xogadores con problemas físicos, especialmente Luís Fernández.

Comentarios