Belfortti: ''O Coruxo virá meterse atrás e a esperar a súa oportunidade''

José Belfortti pasou de non xogar as dez primeiras xornadas a pasada tempada a disputalas todas nesta. Dun ano a outro pasou do 0 ao 100 por cen e co arxentino no equipo, o Lugo foi cara arriba. «Estou contento de empezar así, aínda que o domingo en Albacete terminei cunha molestia no abdutor. Vou facerme unha ecografía, pero á marxe diso, todo é moi diferente á pasada campaña», sinala.

A situación na táboa tamén é distinta esta campaña. «A estas alturas aínda non estabamos primeiros, pero non creo que eu sexa talismán. Que o equipo está arriba faiche sentir ben e útil, oxalá poidamos seguir aí moito tempo», di.

O Lugo recibirá o domingo (17.00 horas) ao Coruxo, que segundo Belfortti virá meterse atrás e a esperar a súa oportunidade a balón parado ou nalgunha contra: Destes partidos tivemos moitos e ímolos a ter, son fodidos e hai que estar moi concentrados».

Belfortti ve este ano no equipo «máis recambios; podemos mellorar, xogar mellor e encaixar menos goles: é certo que empezamos ben pero isto é moi longo e aínda nos temos que enfrontar a moitos dos que están arriba. Estamos moi ben e contentos, agora non pensamos en quedar primeiros ou segundos, cando se achegue o final xa veremos onde estamos».

Comentarios