Belencoso e Luismi poderían unirse ás baixas de Aitor e Iván Zarandona

O número de baixas do CD Lugo para recibir ao Toledo podería crecer. ás seguras do sancionado Aitor e Zarandona, coa súa selección de Guinea preparando a Copa de África, poderían unirse Belencoso, que segue sen recuperarse das súas molestias de costas, e Luismi, cun problema muscular, polo que Setién disponde dos 16 xustos para recibir ao Toledo. Incluso Sergio Iglesias retirouse onte con molestias.

A enfermería está bastante poboada tras as vacacións do Nadal. «Non me queixo dos xogadores; Belencoso xa se marchou con ese problema, Iván González arrastra unha escordadura desde hai cinco meses e ás veces acentúanselle a doenza, pero non é un problema que viñese como consecuencia do Nadal nin do turrón», comentou onte Quique Setién.

O técnico do equipo branquivermello comentou o resto de lesionados. «Son casos illados de molestias puntuais que imos ver como evolucionan. Luismi pode ser un pouco máis, porque é un problema muscular e que xogue o domingo quizais sexa demasiado prematuro. Belfortti e Víctor Marco non creo que vaian ter problemas. Sergio tamén está con molestias, pero ao estar Aitor sancionado ten que xogar, aínda que acuse a inactividade de tanto tempo e a lesión muscular que tivo antes de irse de vacacións. A carga de traballo afectoulle», concluíu Setién.

Comentarios