Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

"Xa gañamos dúas veces este ano en Ourense, por que non outra?"

Lisardo Gómez, en el partido de este domingo
Lisardo Gómez, en el partido de este domingo
Lisardo Gómez confía en recuperar animicamente aos seus xogadores de face ao quinto partido

Visiblemente desgustado, Lisardo Gómez admitiu a dureza do golpe encaixado onte, pero ao mesmo tempo quixo ver o futuro con optimismo. «O vestiario está moi tocado, nunca o vira así. Tivémolo cerca, pero non queda outra que levantar a cabeza e pensar no quinto partido. Xa gañamos dúas veces en Ourense esta tempada, por que non unha terceira?», sinalou o técnico do Breogán.

«Este equipo sempre se levantou e imos ver se no quinto partido podemos darlle unha alegría a toda a xente que estivo no Pazo», apuntou.

O gran reto para o Breogán será levantarse a nivel anímico. «Haberá que falar. Os capitáns terán que facer o seu traballo. De feito, xa empezaron ao acabar o partido, pero é que os xogadores están moi fodidos. Agora o Ourense é o favorito», sinalou.

"Estivemos moi lastrados polas faltas. Xente importante pasou moito tempo no banco"

«O reto era moi complicado, gañarlle dous partidos seguidos a un equipo que caera só dúas veces fóra da súa casa en toda a tempada», comentou.

En canto ao encontro, o adestrador do conxunto lucense destacou o igualado que foi. «Foi un partido duro, intenso, con moitas alternancias no marcador, momentos de moito acerto, outros de moitos erros... tivemos varios simulacros de escapada, pero sempre respondían con triplos», sinalou.

«Estivemos moi lastrados polas faltas todo o partido. Varios dos nosos xogadores máis importantes tiveron que pasar moito no banco. Ademais, eles estiveron moi acertados de face a canastra no último cuarto», engadiu.

Lisardo Gómez foi taxativo cando lle preguntaron se o Breogán perdera onte a súa gran oportunidade. «A sensación que teño é que perdemos unha oportunidade, pero queda outra. Estivo cerca, pero queda outra. A ver como responde á presión o Ourense agora xogando como local», dixo.

"O que se viviu no Pazo recordarase moito tempo, polo menos eu"

Tamén foi preguntado pola actuación da parella arbitral no partido de onte. E Lisardo Gómez foi taxativo. «Non falo dos árbitros». Tamén o foi cando foi cuestionado polas causas do 2-12 de parcial do último cuarto. «A xente terá que ver que pasou», sinalou.

Para rematar, destacou o gran ambiente que se viviu onte no Pazo dous Deportes. «Gustaríame dar as grazas á afección polo espectacular apoio que nos deu. Oxalá isto poida seguir, porque o que se viviu no Pazo recordarase moito tempo, polo menos eu», concluíu.

"Xa gañamos dúas veces este ano en Ourense, por que non outra?"
Comentarios