Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Llorca soña coa ACB pero deixa aberta a opción do Breogán

Álex Llorca non coñece aínda cal será o seu destino na próxima tempada. O xogador, recentemente chegado de Bakú, onde participou nos Xogos Europeos coa selección española de 3x3 conseguindo a medalla de prata, comenta que aínda non sabe nada sobre o seu futuro. «Agora vou tomar un tempo para descansar, porque desde que acabou a liga non o puiden facer. A ver que é o que me din os meus axentes». sinalou.

O escolta catalán, un dos destacados na pasada tempada na LEB Ouro, non cambiou o seu obxectivo que, como comentou en varias ocasións céntrase en volver xogar na ACB. «é o meu soño, pero nestes momentos non hai nada seguro», apuntou.

A pesar destas palabras, Llorca non descarta a posibilidade de retornar ao Breogán aínda que recoñece que, por agora non tivo «ningunha noticia» por parte do club lucense. «Xa o dixen ao acabar a tempada e desde logo mantéñoo, porque é unha opción moi atractiva», comentou o xogador catalán.

Llorca soña coa ACB pero deixa aberta a opción do Breogán
Comentarios